Versión en audio
Localización
Comezo do muro da na rúa Tras San Fiz de Solovio partindo do alto da costa (mapa)
Antes de vir, moito estuda Ruth sobre o noroeste peninsular, mais en agosto, ao pouco de chegar a Vigo, conta:
“(…) decidimos comezar a procurar traxes inmediatamente. Nas mulleres esperabamos ver o brillante dengue vermello, de faixas negras, que aparece na Galicia de Sorolla na Hispanic Society; nos homes, calzóns até o xeonllo, monteiras e faixas brillantes. Porén, así que nos afastamos do fresco toldo do hotel, comezamos a sentir dificultades e frustración. Pouco espazo había para a tradición nestas transitadas rúas, cheas de tranvías e estrepitosos automóbiles. Todas as persoas parecían ben vestidas e irritantemente anódinas. (…)”
Cada vez que ve pola rúa traxes interesantes, non dubida en fotografalos, con ou sen permiso. Ás veces case recorre ao acoso, como cunha señora que lle foxe, e que se ve increpada por veciñas de Noia que lle insisten para se deixar retratar. Coa parella que fotografa neste lugar é diferente, dan permiso. Di Ruth no seu libro sobre esta viaxe:
“(…) Cando nos camiños facíamos preguntas a unha parella, o habitual era que a muller parecese entender máis rápido, como neste caso. En canto ela contestaba con franqueza e fluidez, talvez por ser menos discreta,o home buscaba nos recunchos da súa mente armas coas que indagar o motivo das nosas preguntas e o lucro que poderíamos tirar dunha resposta, supondo que a dese.”
Sigamos agora para a praza de Abastos. Alí descubriremos como traballa.