Parada 3. Antigo Hotel Suízo


Versión en audio


Localización

Rúas Cardeal Payá e Tránsito dos Gramáticos (mapa)

A procesión detense á porta do hotel. Aténdeos un home que os

ollabaa través duns lentes grosos postos sobre un pequeno e brillante nariz colorado encantorefregaba as mans”.

Danlles dous cuartos no terceiro andar, aínda que o home insistía en darlles un por ser o normal nas familias, sobre todo cando hai unha filla. Por certo, Ruth aparece retratada nun mural de Gonzalo Vilas que está no interior hoxe no interior. Vamos agora ao Tránsito dos Gramáticos. Fixádevos na placa do edificio, só citan o nome de dous homes que se aloxaron no Hotel Suízo, nós hoxe completaremos a historia citando polo menos dúas mulleres.

Grazas a varias fotografías de Ruth sabemos que os seus cuartos daban para este lado. No cuarto do pai fixeron outra onde se mostran fotografías penduradas dun cordel, en proceso de revelado. Vese que, por necesidade, revelan onde poden. Conta Alfred no seu diario que

O sábado pola noite revelamos 50 e pendurámolas a secar nunha corda tendida dun lado a outro do meu cuarto. (…) Non temos auga corrente, mais conseguimos que a empregada nos trouxera unha lata grande con auga (…). Na miña vida revelaratancómodo”.

Regresemos ao primeiro día. O sufrido carreteiro sobe as maletas e Ruth e Alfred van pasear. Aproveitemos para explicar que é a Hispanic Society e cal é a misión de Ruth.

A finais do XIX os Estados Unidos son o imperio emerxente. España representa a decadencia e xa non é unha ameaza após perder a guerra de 1898. Gaña entón forza a hispanofilia: idea romántica dunha España exótica e primitiva, poboada de bandidos, esmoleiros e frades, e paraíso de xitanos, fidalgos e mulleres misteriosas. O que interesa de España é o seu pasado, de cuxos modos de vida aínda hai vestixios, conxelados no tempo, nas zonas rurais.

Neste ambiente medra o xefe de Ruth, o neoiorquino Archer Milton Huntington, cuxo pai é un magnate dos ferrocarrís e dos estaleiros e a nai, coleccionista de arte, infúndelle o amor polos museos. Huntington viaxa por Europa e España, e así “contraerá” a febre da “hispanofilia” e publicará o libro “Note-book of Northern Spain”, onde di que Santiago é “a antiga ‘Córdoba’ cristiá”, aínda que desolada e pobre. A pesar dos estereotipos do libro, detecta a diversidade das rexións españolas, ao contrario doutros visitantes. Tamén vai á Coruña, onde unha rúa leva o seu nome.

Como outros filántropos, Huntington crea un museo con biblioteca en Manhattan, The Hispanic Sociey of America, co obxectivo de «condensar a alma de España en contidos, a través de obras da man e do espírito». Non quere espoliar a Península, e compra libros e arte fóra dela. Está ademais ben relacionado, de feito un xornal da época di que Afonso XIII mostra por Huntington, “particular e ilimitada consideración”, nunha etapa en que o monarca promove unha “invasión pacífica” de investimento americano.

Huntington encarga a Sorolla pinturas sobre as tradicións españolas das diferentes rexións. Entre elas, unha de Galiza. A súa será a primeira exposición da Hispanic e terá un éxito enorme. Terminada a Guerra Mundial, Huntington céntrase en catalogar e facer monografías, e, despois de malas experiencias con estudosos masculinos, contrata só mulleres, moitas xordomudas, algo innovador na época. Ofrécelles formarse e especializarse en diferentes ámbitos culturais.

Huntington, consciente da importancia da fotografía e do seu valor museístico, envía investigadoras a expedicións formativas nas que a función da fotografía é máis didáctica que artística. Quere que frecuenten feiras e festas, que se mesturen e escoiten a xente, que se fixen na roupa e no xeito de levala. Así, Ruth vai a España por primeira vez en 1923 con outras colegas, sen chegaren a Galiza. É nese momento cando comeza a aprender español. Unha vez avanzada a súa formación, algunhas desas fotógrafas farán expedicións específicas para documentar a vida cotiá en diferentes territorios de cultura hispana, tanto da Península Ibérica como de América Latina e África. Entre elas, Ruth, que xa leva tres anos na Hispanic catalogando e facendo fotografías de obxectos.

Avancemos agora até Tras San Fiz de Solovio.