Con motivo dos cen anos da primeira visita da fotógrafa norteamericana Ruth Matilda Anderson á Galiza e a Compostela, o Concello de Santiago organiza o paseo Ruth e o Leviatán.
No seguinte formulario podes inscribirte na versión guiada do paseo, que terá catro sesións: nos días 26, 27 e 28 de setembro de 2024, e que consiste nunha versión ampliada da presente nesta web.
Cada sesión ten unha duración aproximada de 2 horas e un número máximo de 30 persoas asistentes. Repartiranse radioguías* para facilitar a audición. O idioma dos paseos é galego.
*Coas radioguías repartiremos auriculares, mais por ecoloxía o ideal é que cada persoa traia os seus propios auriculares da casa. Se tes algunha dificultade auditiva ou de mobilidade, agradecemos que o comuniques previamente para facilitarmos a túa participación.